COMEZAN OS CURSOS DE PIRAGISMO

COMEZAN OS CURSOS NA ESCOLA DE PIRAGISMO, QUE CONTA CUNHA NOVA LANCHA DE
MOTOR ELECTRICO

ANTÓN BAO VISITOU ESTA TARDE AS INSTALACIONS, QUE CONTAN ESTE ANO CUNHA LANCHA FORABORDA DE MOTOR ELECTRICO QUE DAR SERVIZO ESCOLA

O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, visitou hoxe a Escola de Piragüismo de Lugo, na que deu comezo o primeiro dos cursos de iniciación a este deporte. Os cursos comezaron a impartirse o ano pasado en colaboración co Club de Piragüismo Cidade de Lugo, logo dos arranxos realizados na escola por parte da Área de Deportes da Deputación. A novidade desta tempada é unha lancha foraborda que dará servizo á escola de piragüismo de xeito totalmente adaptado ao entorno do río Miño no que permanecerá, xa que conta cun motor eléctrico que non precisa ningún tipo de combustible e polo tanto supón un modelo de sostibilidade.

Está previsto que se impartan estes cursos até que a climatoloxía o permita, comezando hoxe co primeiro grupo de 10 persoas. Grazas a esta iniciativa, todos os lucenses, tanto maiores como pequenos, teñen a oportunidade de achegarse ao piragüismo, de coñecelo e de comezar a practicalo. Para poder practicar este deporte, o único requisito é sabernadar e ter máis de 8 anos de idade. Con estes cursos, máis que chegar aun dominio total en calquera medio, o que se busca é que aquel que o desexe poida chegar a ter un coñecemento básico do deporte. Por isto, a duración dos cursos é de 10 días hábiles, ao longo de dúas semanas, e cun tempo de non máis de unha hora na auga por día. A intención é que os cursos sirvan de primeiro contacto para logo seguir a desenvolver a técnica do deporte con cursos máis avanzados ou introducíndose xa nos propios clubs.

Realízanse en grupos de 10 persoas , e as anotacións poden facerse tanto na Escola de Piragüismo como chamando ao teléfono 982 201 895. A Área deDeportes da Deputación anima a todos os lucenses a que se anoten para undestes cursos, xa que contan con todas as facilidades para iniciarse nestedeporte, que ademais constitúe unha alternativa de ocio moi saudable.