PRESENTACION DA III COPA DEPUTACION DE PIRAGÜISMOPRESENTACION DE LA III COPA DEPUTACION DE PIRAGÜISMO

O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, presentou esta tarde na Praia dos Bloques en Ribadeo a III Copa Deputación de Lugo de Piragüismo, que se disputará este ano entre maio e setembro.

Segundo indicou Veiga, “esta proba é un auténtico éxito desde a súa primeira edición e medra en poder de convocatoria, atraendo a moitísimos deportistas ao remo e, igual que na súa primeira edición, constará de seis regatas xa que cada proba é organizada en colaboración con cada club participante no seu lugar de orixe”.

Neste sentido, Veiga destacou que “grazas a poñer en marcha esta copa logramos que se incrementasen o número de fichas federativas, o que significa que máis xente practica piragüismo en Lugo, porque este diñeiro redunda nos propios clubs e supón unha inxección económica importante en concepto de premios, que axuda a manter a actividade dos clubs, ademais da propia motivación que supón pelexar por unha mellor clasificación e número de padexeiros inscritos, que tamén puntúa positivamente de cara a mellorar a clasificación na competición”.

Veiga lembrou que desde a chegada ao goberno da Deputación, un dos obxectivos que se estabeleceron desde a súa Área de Deportes foi “a revitalización dun deporte histórico en Lugo, como o piragüismo, comezando por volver a poñer en marcha a escola de Piragüismo que se atopaba en estado de abandono”.

Deste xeito, o vicepresidente continuou explicando que “despois os esforzos centráronse en apoiar aos clubs lucenses de piragüismo, auténtico motor do deporte, a través da mediación da Federación Galega de Piragüismo, para organizar esta competición da que hoxe poñemos en marcha a súa terceira edición, a Copa Deputación de Lugo de Piragüismo”.

Tal e como o ano pasado, os clubs participantes poden inscribir a padexeiros de todas as categorías desde benxamín a veteranos en Kaiak, e desde infantil a veterano en Canoa. As regatas puntuables desta III Copa Deputación de Piragüismo son organizadas por cada un dos clubs participantes e as datas son as seguintes:

17/05/2013 10.30h – Regata de Lugo (organizada polo Club Flubial de Lugo 02/06/2013 16.30h – Regata de Lugo (organizada polo Club Piragüimo Cidade de Lugo) 03/08/2013 10.30h – Regata de San Cibrao (organizada polo club local) 11/08/2013 Horario de tarde – Regata de Viveiro (organizada polo club local) 25/08/2013 10h – Regata de Ribadeo (organizada polo club Altruán) 07/09/2013 17.30 – Regata de Foz (organizada polo Kaiak de Foz)

As distancias que os participantes, tanto na súa categoría masculina como feminina, percorrerán na competición son: -Para benxamíns e alevíns 1.500 metros -Para infantil 3.000 metros. -Para veteranos, sénior, júnior e cadete 5.000 metros

Tal e como indicou Martín Carballo, a III Copa Deputación de Lugo de Piragüismo prevé destinar en premios a todos os clubs 12.000 euros, baseándose en dous criterios: participación (60% do total segundo o número de padexeiros inscritos) e clasificación (40% do total segundo os postos conseguidos).

É dicir, a participación puntuará como a suma de todos os padexeiros/as clasificados en cada regata, cun total determinado ao remate de todas as regatas. Unha vez finalizada a copa, divídese a cantidade destinada a este apartado entre o número de padexeiros/as clasificados de cada club, o que dará o valor da cantidade a recibir.

Para a puntuar a clasificación, o 40% dos 12.000 euros dividirase entre os clubs cunha porcentaxe fixa de 22% para o primeiro clasificado, 19% para o segundo, 17% para o terceiro, 15% para o cuarto, 14% para o quinto, e o 13% para o sexto.

El vicepresidente de la Diputación de Lugo, el nacionalista Anton Veiga, presentó esta tarde en la Playa de los Bloques en Ribadeo la  “III Copa Deputación de Piragüismo”, que se disputará este año entre mayo y septiembre.

Segundo indicó Veiga, esta prueba es un auténtico éxito desde su primera edición y crecimiento en poder de convocatoria, atrayendo a muchísimos deportistas al piragüismo y, igual que en su primera edición, constará de seis regatas ya que cada prueba es organizada en colaboración con cada club participante en su lugar de origen.

En este sentido, Veiga destacó que gracias a poner en marcha esta copa logramos que se incrementaran el número de fichas federativas, lo que significa que más gente practica piragüismo en Lugo, porque este dinero redunda nos propios clubs y suponen una inyección económica importante en concepto de premios, que ayuda a mantener la actividad de los clubs, además de la propia motivación que suponen pelear por una mejor clasificación y número de palistas inscritos, que también puntúa positivamente a cara descubierta a mejorar la clasificación en la competición.

Veiga recordó que desde la llegada al gobierno de la Diputación, uno de los objetivos que se establecieron desde su Área de Deportes fue la revitalización de un deporte histórico en Lugo, como el piragüismo, comenzando por volver a poner en marcha a escuela de Piragüismo que se encontraba en estado de abandono.

De este modo, el vicepresidente continuó explicando que después los esfuerzos se centraron en apoyar a los Clubs lucenses de piragüismo, auténtico motor del deporte, a través de la*mediación de la Federación Gallega de Piragüismo, para organizar esta competición de la que hoy ponemos en marcha su tercera edición, la Copa Deputación  de Piragüismo.

Tal y como el año pasado, los clubs participantes pueden inscribir la palistas de todas las categorías desde benjamín la veteranos en Kayak, y desde infantil a veterano en Canoa. Las regatas puntuables de esta III Copa Deputación de Piragüismo son organizadas por cada uno de los clubs participantes y las fechas son las siguientes:

17/05/2013 10.30h – Regata de Lugo (organizada polo Club Flubial de Lugo 02/06/2013 16.30h – Regata de Lugo (organizada polo Club Piragüismo Cidade de Lugo) 03/08/2013 10.30h – Regata de San Cibrao (organizada polo club local) 11/08/2013 Horario de tarde – Regata de Viveiro (organizada polo club local) 25/08/2013 10h – Regata de Ribadeo (organizada polo club Altruán) 07/09/2013 17.30 – Regata de Foz (organizada por el Kaiak de Foz)

Las distancias que los participantes, tanto en su categoría masculina cómo femenina, recorrerán en la competición son: -Para benjamines y alevines 1.500 metros -Para infantil 3.000 metros. -Para veteranos, sénior, júnior y cadete 5.000 metros

Tal y como indicó Martín Carballo, la III Copa Deputación  de Piragüismo prevé destinar en premios la todos los /clubs 12.000 euros, basándose en dos criterios: participación (60% del total segundo el número de palistas inscritos) y clasificación (40% del total segundo los puestos conseguidos).

Es decir, la participación puntuará como la suma de todos los palistas clasificados en cada regata, con un total determinado al final de todas las regatas. Una vez finalizada la copa, se divide la cantidad destinada la este apartado entre el número de palistas clasificados de cada club, lo que dará el valor de la cantidad a recibir.

Para puntuarla la clasificación, el 40% de los 12.000 euros se dividirá entre los clubes/clubs con un porcentaje fijo de 22% para el primero clasificado, 19% para el segundo, 17% para el tercero, 15% para el cuarto, 14% para el quinto, y el 13% para el sexto.