CAMPIONATO DE ESPAÑA DE XOVES PROMESAS

Esta fin de semana no encoro de Pontillon do Castro, en Verducido, disputarase o Campionato de España de Xoves Promesas. Despois dos vos resultados acadados polos nosos padexeiros cadete no campionato galego individual, esta fin de semana poderan confirmar o seu bo estado de forma tanto en embarcacions individuais como en enbarcacions de equipo. En categoria cadete home Julio Matilla representara o Club na distancia de K1-1000m individualmente e en K2-1000m xunto a Pablo Lorenzo. En categoria cadete dama teremos 5 padexeiras que representaran o Club Piragüismo Cidade de Lugo nas distintas modalidades. En K1-1000m Maria Lancho e Maria moar trataran de repetir os vos resultados colleitados no Campionato Galego, en K2-1000m Laura Ferreiro e Clara Gonzalez trataran de estar nunha das finais e en K4-1000m Clara Gonzalez, Maria Lancho, Maria Moar e Maria Sonsoles Quiroga trataran de alcanzar a final A e acadar o mellor resultado posible. Esta é a representacion do Club Piragüismo Cidade de Lugo no Campionato de España comandada pola sua adestradora Lorena Jubon.