CAMPEONATO GALEGO DE BARCOS DE EQUIPO

Esta fin de semana no encoro de Portillon do Castro disputarase o Campeonato Galego de Embarcacions de Equipo. Do ano anterior, por parte do Club Piragüismo Cidade de Lugo, so repite tripulacion o K2 Dama Xuvenil formado por Pilar Lancho e Jessica Penela. A falta de continuidade nas embarcacions crealle o club una inquietude o non ter claro cal vai ser o resultado das novas parellas, que estaran formadas en K2 home Veteran por Jose Manuel Devesa e Jose Manuel Jubon, Martin Carballo e Jose Manuel Lage; en K2 home Cadete Carlos Mayor e Pablo Lorenzo; en K2 dama Cadete Maria Moar e Clara Gonzalez e na ultima proba da maña tomaran a saida Diego Perez e Daniel Estevez en K2 home Senior. As distintas probas disputaranse sobre unha distancia de 5000m durante a maña do sabado.