A Copa Miño ou Descenso Internacional do Miño de Lugo, nome co que popularmente se coñece a esta regata, é a segunda proba máis antiga das que se celebran en España, despois do Descenso Internacional do Sella, e nesta campaña cumprirá a súa 58 edición. Dende os seus comezos esta cita deportiva espertou un gran interese entre a cidadanía lucense, de forma que contribuíu enormemente á difusión e popularización deste deporte na cidade. Pódese afirmar que a Copa Miño foi a chama na que se coceron as distintas xeracións do piragüismo de Lugo e que en parte, grazas á tradición, afición e categoría desta proba, a cidade foi considerada durante décadas como unha dos berces do piragüismo galego e nacional. Aqui tendes os carteis dende o ano 2010, ano no que o Club Piragüismo Cidade de Lugo comenzou a organizar a COPA MIÑO.

  • 58 COPA MIÑO
  • 57 COPA MIÑO
  • 56 COPA MIÑO
  • 55 copa miño
  • 54 descenso del miño