ENTORNO

ENTORNO DA PROBA

As illas do Miño, situadas no interior do curso fluvial, contan con frondosos bosques e lagoas interiores nos que existe unha importante flora e fauna acuática. O río Miño delimita no seu curso superior un amplo territorio que se coñece como Terras do Miño. Declarado Reserva da Biosfera no 2002, este territorio reflicte a perfecta integración entre a paisaxe rural tradicional e importantes ecosistemas de tipo Atlántico.

Terras do Miño ocupa unha ampla franxa do centro-norte de Lugo que se corresponde coa cunca alta do río Miño. Os 26 municipios que integran este espazo posúen unha longa tradición agropecuaria e ocupan no seu conxunto un tercio da superficie total da provincia. Desde o seu nacemento, o Miño e as súas afluentes discorren por unha paisaxe de montañas e vales onde os pastos e as terras dedicadas ao cultivo comparten protagonismo con hábitats naturais de gran valor. Cabe destacar a importancia das típicas fragas (bosques de tipo oceánico), que albergan especies propias de zonas húmidas como o carballo, o castiñeiro, o acivro ou o bidueiro. O curso do Miño debuxa tamén insuas (illas) fluviais, espazos de gran beleza onde desenvólvese unha ampla variedade de flora e fauna acuática. Nestes recónditos lugares adquiren protagonismo pequenos ecosistemas lacustres que se ocultan entre a frondosa vexetación ribereña e que constitúen as zonas de máxima protección da reserva. Ademais da súa importancia desde o punto de vista ecolóxico, os abundantes cursos fluviais que drenan Terras do Miño fan que este territorio teña un papel decisivo no abastecemento de auga de toda a provincia. O seu recente declaración como Reserva da Biosfera permitirá un desenvolvemento económico e humano sostíbel ao tempo que se contribúe á conservación dos recursos naturais e dos hábitats presentes nela.

Terras do Miño conta cunha gran variedade paisaxística. Salienta o seu importante superficie de masa forestal, que dá acubillo tanto a especies de folla perenne como a outras de tipo caducifolio, como o castiñeiro, o bidueiro ou o carballo. As illas do Miño, situadas no interior do curso fluvial, contan con frondosos bosques e lagoas interiores nos que existe unha importante flora e fauna acuática.

A estrada N-VI permite acceder de forma rápida e cómoda a calquera dos municipios que integran o espazo Terras do Miño. Esta Reserva da Biosfera conta con dous centros de interpretación: o de Terras do Miño, situado en Lugo capital, e o de Insuas do Miño, situado no termo municipal de Rábade. Desde este último parte un carreiro ribeireño que permite penetrarse nas coñecidas como Insuas do Miño, compostas polas insuas de San Roque, Cela e Trabanca.

O Alto Miño ofrece paisaxes de beleza insuperable en calquer estación do ano. A mellor forma de disfrutar de éles: A Piragua.

A forza das augas foi aproveitada dende moi antigo polos habitantes de éstas terras. Hai innumerables caneiros para encorar e conducir a auga ata as aceas, donde movía as pedras dos muiños ou os mazos para estalicar o ferro.

A área recreativa de Santa Isabel, no concello de Santa Isabel, é frecuentada sobre todo no verán por moita xente que busca o acubillo da súa fermosa carballeira e o baño na praia fluvial. Neste punto conflúen dous ríos: O pai Miño e o río Ladra.

As terras donde nace o Miño, na Terra Chá Lucense, ofrecen ao viaxante estampas bucólicas. Fragas, capelas, cruceiros, chaira. O Camiño Inglés a Compostela atravesa éstes fermosos paraxes.