HISTORIA

Características Técnicas:

– Modalidade: A Copa Miño é unha proba enmarcada na modalidade de descenso de ríos, que consta dun percorrido de 17, 5 Km. entre as localidades de Rábade e Lugo. Ao longo da proba os padeeiros deben de superar distintas dificultades como o franqueo de “caneiros” e a navegación por rápidos e correntes que fan especialmente atractiva a competición tanto para os participantes como para os espectadores, xa que estes obstáculos naturais ademais de implicar accións técnicas especialmente espectaculares manteñen aberto o resultado ata practicamente ata a liña de meta.

– Participación: Aínda que a proba forma parte das probas puntuables para a Copa Xunta de Ríos e Travesías, está aberta a clubs doutras comunidades autónomas así como a seleccións nacionais. Neste senso, é destacable a habitual participación de numerosos clubs do país veciño e de seleccións nacionais como España, Hungría e Holanda.

– Categorías: Cadete, xuvenil, senior e veterano, en embarcacións K1 e K2 (Home e muller) e embarcacións C1 (Home e Muller). A suma das distintas embarcacións permite alcanzar a cifra, nada despreciable, dunhas 340 piragüas aproximadamente.