Celebramos o Día Internacional das Reservas da Biosfera da UNESCO na Reserva Terras do Miño

🌿 Hoxe, 3 de novembro, o Club Piragüismo Cidade de Lugo súmase á celebración do Día Internacional das Reservas da Biosfera da UNESCO, poñendo en valor o traballo que realizamos ao longo do ano na Reserva da Biosfera Terras do Miño, un espazo único onde natureza e deporte van da man.

A través das nosas actividades de piragüismo, rutas polo Miño e accións educativas en centros escolares, contribuímos á divulgación dos valores ambientais e á conservación dos ecosistemas fluviais da nosa contorna.

Esta actuación forma parte do proxecto desenvolvido dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño e está subvencionada pola Deputación de Lugo, no marco do Programa MaB da UNESCO.

📸 Compartimos algunhas imaxes das actividades realizadas durante este ano, que reflicten o compromiso do club coa educación ambiental e o desenvolvemento sostible.

#DiaInternacionalRB #RERB #terrasdomiño @depulugo