O Cidade de Lugo celebra 30 anos de piragüismo cunha gala no Hotel Méndez Núñez
O Club Piragüismo Cidade de Lugo celebrou o seu 30 aniversario cunha gala no Hotel Méndez Núñez, acompañado por deportistas, familias e amizades que forman parte da súa historia.
A celebración tivo lugar o 25 de setembro de 2026 e reuniu á familia do club para compartir unha data especial: tres décadas de piragüismo e de experiencias compartidas.
O acto contou coa presenza de representantes do Concello de Lugo, da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia. Desde o club agradecemos o seu acompañamento e o respaldo recibido nesta celebración.
Grazas a todas as persoas que formades parte destes 30 anos. Seguimos remando xuntos, coa mesma ilusión e con moitas ganas de continuar sumando paladas polo piragüismo lucense.
Podes ver máis imaxes na publicación do aniversario nas nosas redes sociais.
