As Saamasas pecha a Liga Provincial cun segundo posto para o Cidade de Lugo
As augas do Miño, en As Saamasas, acolleron a sexta e última proba da XVI Liga Provincial de Piragüismo. O Cidade de Lugo pechou a xornada cun segundo posto por clubs nesta regata e numerosos resultados destacados nas distintas categorías.
En K1 cadete masculino, Mateo Lamas, Héctor Rois e Manuel Lombao ocuparon as tres primeiras posicións. Na categoría xuvenil masculina, Brais e Iván Bargados asinaron o primeiro e o segundo posto, mentres que Luis Novo foi primeiro en xuvenil paracanoe.
A canteira tamén tivo un papel protagonista. Miguel Azanza venceu en alevín A e Guzmán Vilela en prebenxamín. Sumáronse os podios de Roque Vilela en infantil B; Miguel Pujols e Álvaro Zapata en benxamín A; e Marco Maside e Ian Carballedo en benxamín B.
Nas categorías femininas, Ángela Abel foi segunda en cadete. Estrela Buide, Ainara Gayoso e Violeta Porres acadaron o terceiro posto en infantil A, prebenxamín e benxamín A, respectivamente.
Ademais dos resultados, quedamos coa ilusión dos máis pequenos e co público animando desde a beira. Grazas a todos os padexeiros e padexeiras, ás familias e a quen compartiu esta xornada connosco!
Podes consultar todos os resultados destacados publicados polo club e gozar do vídeo resumo da regata.
