O Cidade de Lugo, segundo por clubs na Regata de Dragóns da Coruña
O equipo de barco dragón do Cidade de Lugo acadou o segundo posto na clasificación xeral por clubs da Regata de Dragóns Cidade da Coruña, disputada na modalidade DB12 sobre unha distancia de 200 metros.
A participación do club deixou tamén dous segundos postos nas categorías BCS Sénior e Open Sénior PD3. Un balance que recoñece o esforzo compartido das nosas tripulacións e o traballo que hai detrás de cada saída á auga.
No barco dragón, cada padexada forma parte dun esforzo colectivo. Por iso celebramos estes resultados como un éxito de todo o equipo, da súa entrega nos adestramentos e das ganas de seguir gozando e competindo xuntos.
Parabéns a todas as persoas que formaron parte desta regata! Grazas por levar o nome do Cidade de Lugo á Coruña e por seguir facendo medrar o noso equipo de dragón.
Compartimos as imaxes e os resultados da xornada na nosa publicación de Instagram.
