SEVILLA O PRIMEIRO GRAN RETO

Esta fin de semana en Sevilla atoparémosnos cos mellores palistas do panorama nacional, no Campionato de España de Inverno. Neste ano por primeira vez, nesta nova etapa, acudimos con mais ilusion si cabo despues dos resultados obtidos no Campionato Galego. O traballo iniciado fai 4 anos comeza a espertar e a notar os pequños pasos q damos cara a adiante, os que dá o noso equipo tecnico con Lorena que aguanta o maior peso, Adrian que se uniu a este esforzo ocupandose dos pequenos, e Martin que segue botando unha man cos maiores. Ese esforzo continuo que aplican todos os nosos palistas que grazas a eles seguimos soñando con mellores resultados cada ano e o apoio incondicional dos nosos colaboradores e familiares, que aínda que non os vemos fan que cada día sigamos cara a adiante. Grazas ao escuerzo de todos melloramos aos poucos e pasamos de ir a Sevilla a ver o Campionato de España de Inverno a soñar co q poden conseguir este ano os nosos palistas desde Clara Gonzalez e Pablo Fernandez que debutan, Maria Lancho e Xullo Gonzalez que despues dos seus resultados no galego fannos soñar, Sabela Castro q volve despues de moitos anos, Adrian Jubon que ten q estar na pelexa e Martin Carballo que continua competindo ano tras ano con mais ilusion. Animo e sorte a todos.